domingo, 4 de noviembre de 2012

sábado, 3 de noviembre de 2012

Rosalía de Castro

Naceu en Santiago de Compostela, o 24 de febreiro de 1837. Criárona unhas tías que vivían na aldea de Ortoño.
Logo viviu en Santiago e en Padrón.
Aos 19 anos, marchou a Madrid.
Alí coñeceu a Manuel Murguía, co que casou.
Tiveron 7 fillos, dos que criaron 5: Alexandra, Aura, Gala, Ovidio e Amara.
Manuel Murguía animouna a escribir “Cantares Gallegos” que é uun libro moi importante para o galego.
Recordando a publicación deste libro celébrase cada 17 de Maio o Día das Letras Galegas.
Tamén escribiu “Follas Novas”, “A las orillas del Sar”...
Os seus poemas son tan afamados, que están traducidos a moitas linguas.
Rosalía finou o 15 de Xullo de 1885, e foi enterrada no Panteón de Galegos Ilustres.


Rosalía de Castro de Murguía
Un dos seus poemas máis coñecidos é
"Adiós ríos, adiós fontes":
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,

 amoriñas das silveiras
 que eu lle daba ó meu amor,
 camiñiños antre o millo,
 ¡adiós, para sempre adiós!

 ¡Adiós groria! ¡Adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,

 deixo a aldea que conozo
 por un mundo que non vin!

 Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
 deixo, en fin, canto ben quero...
 ¡Quen pudera non deixar!..
     Rosalía de Castro

Quizás también le interese

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...